UD Somozas 0 – Club Juventud Cambados 0
Volvemos. Despois de case 30 anos, o Club Juventud Cambados regresa á Terceira RFEF e faino cun punto moi traballado nun campo coma o da UD Somozas. Primeiros 90 minutos dunha tempada chea de ilusión, compromiso e orgullo polas cores do veleiro. Este é só o comezo! Próximo encontro en Burgáns o domingo 14!