Este domingo, 14 de setembro, ás 17:00 horas, o Club Juventud Cambados escribe unha nova páxina na súa historia.
Tras 27 anos de ausencia volvemos á Terceira RFEF na casa, diante da nosa xente, no noso campo: Burgáns
O rival: CD Estradense, un desafío á altura deste momento único.
Entrada para non socios: 12 €
Chamamos a toda a #mareaamarela, a nosa afección de sempre e ás novas xeracións: enchamos Burgáns e empurremos xuntos ao veleiro nesta nova etapa!
Este domingo, TI tamén xogas!