O noso equipo senior feminino ascende a 2. División Galega Feminina, ao acadar co seu terceiro posto na liga regular 24-25 unha das prazas vacantes para a temporada 25-26.
Os nosos parabéns ao equipo, que na súa primeira temporada nesta Liga F11 acabou cunha meritoria terceira posición e moitos éxitos para a temporada en Segunda!
Queremos ter unha mención especial á compañeira Aldara, máxima goleadora do equipo e parte importante deste ascenso, que sufriu unha grave lesión no último partido.
MOITOS PARABÉNS! Vémonos en segunda!
