Club Juventud Cambados 0 – Estradense 0
CJ CAMBADOS 0 – ESTRADENSE 0 Sumamos un punto nesta volta a terceira RFEF en Burgáns! Gracias afición polo apoio!!
CJ CAMBADOS 0 – ESTRADENSE 0 Sumamos un punto nesta volta a terceira RFEF en Burgáns! Gracias afición polo apoio!!
Este domingo, 14 de setembro, ás 17:00 horas, o Club Juventud Cambados escribe unha nova páxina na súa historia. Tras 27 anos de ausencia volvemos á Terceira RFEF na casa, diante da nosa xente, no noso campo: Burgáns O rival: CD Estradense, un desafío á altura deste momento único. Entrada para non socios: 12 €…
Volvemos. Despois de case 30 anos, o Club Juventud Cambados regresa á Terceira RFEF e faino cun punto moi traballado nun campo coma o da UD Somozas. Primeiros 90 minutos dunha tempada chea de ilusión, compromiso e orgullo polas cores do veleiro. Este é só o comezo! Próximo encontro en Burgáns o domingo 14!
FICHAXE! Hugo Táboas chega ao equipo procedente do Pontevedra, en calidade de cedido por esta temporada. Benvido!
Comezamos os adestramentos desta histórica temporada en Terceira RFEF!
Manuel Rancaño Miguez, “Ranca”, xogador con experiencia en Terceira, chega ao Club despois dun ano sen xogar por incompatibilidade cos estudos. Vén aportar valor e experiencia na categoría tras o seu paso polo Pontevedra B. Benvido!
Paco causa baixa na nosa plantilla. Desde o Club queremos agradecer o seu compromiso estes 5 anos e desexarlle moita sorte nesta nova etapa que comeza que, sen dúbida, será a mais importante da súa vida. Agardamos e desexamos que saia todo ben. Esta sempre será a túa casa!!
David Conde, xoven gardameta procedente do Arosa, vén reforzar a nosa portería. David xa sabe o que é xogar en terceira e estamos seguros de que nos fará disfrutar moito este ano. Moitas gracias por querer formar parte deste proxecto e moita sorte!!
Xogador procedente das categorías inferiores do Valmiñor, tras un ano en EEUU na liga universitaria, David Pérez acepta o reto de formar parte da nosa plantilla. Xogador versátil que pode xogar tanto de lateral esquerdo coma de central, vén reforzar a nosa zaga. Moita sorte!!
Alberto Lago chega desde O Porriño para reforzar a nosa defensa. Ven moi ilusionado co proxecto. Moitas gracias por confiar no Cambados e moita sorte!!