ARRANCAMOS TEMPORADA 25-26
Comezamos os adestramentos desta histórica temporada en Terceira RFEF!
Comezamos os adestramentos desta histórica temporada en Terceira RFEF!
Manuel Rancaño Miguez, “Ranca”, xogador con experiencia en Terceira, chega ao Club despois dun ano sen xogar por incompatibilidade cos estudos. Vén aportar valor e experiencia na categoría tras o seu paso polo Pontevedra B. Benvido!
O noso equipo senior feminino ascende a 2. División Galega Feminina, ao acadar co seu terceiro posto na liga regular 24-25 unha das prazas vacantes para a temporada 25-26. Os nosos parabéns ao equipo, que na súa primeira temporada nesta Liga F11 acabou cunha meritoria terceira posición e moitos éxitos para a temporada en Segunda!…
Paco causa baixa na nosa plantilla. Desde o Club queremos agradecer o seu compromiso estes 5 anos e desexarlle moita sorte nesta nova etapa que comeza que, sen dúbida, será a mais importante da súa vida. Agardamos e desexamos que saia todo ben. Esta sempre será a túa casa!!
David Conde, xoven gardameta procedente do Arosa, vén reforzar a nosa portería. David xa sabe o que é xogar en terceira e estamos seguros de que nos fará disfrutar moito este ano. Moitas gracias por querer formar parte deste proxecto e moita sorte!!